HAKEMSİZ YAZILAR OPINION PAPERS
ANONİM İLE LİMİTED ŞİRKETİ TASFİYE ETMEMENİN CEZASI VAR MIDIR?
3. ÖZET VE SONUÇ
Nos libros de viaxe, podemos apreciar un proceso caracterizado non só polo desprazamento, se non tamén por unha serie de encontros que enriquecen o sentido da viaxe en si.365 O viaxeiro ao longo do seu periplo atópase con elementos marabillosos
continuamente, pois o marabilloso inclúe todo o que apenas se atopa no seu lugar de orixe e que se asocia coas terras por descubrir, como grandes mercados con telas, pedras preciosas e especias en abundancia, desertos que parecen non ter fin, animais dos que non tiñan oído falar, os ríos do Paraíso, edificios impoñentes, ou costumes e comidas das xentes que se van atopando. Todos estes elementos forman parte do mundo que os protagonistas dos relatos descubren, e o monstro parece ser o máximo expoñente, o marabilloso por excelencia.
Desta forma, un sistema de representacións do “diferente” comezou a marcarse no referencial dos occidentais, nun proceso que non é novo, pois esas categorías xa se atopaban no seu universo mítico.366 Esta alteridade vai da man da exterioridade: fóra dos
límites coñecidos é onde atopamos o diferente, o contrario a nós, e as terras descoñecidas acostuman ser lugares privilexiados pola súa elevada densidade de fenómenos extraordinarios, sempre situados en rexións de acceso difícil, polo afastadas que están, polo seu illamento ou pola súa dureza. Os pobos que residían nestes lugares, de aparencia pouco comprensible, convértense nos Outros por excelencia. O “alá” nega o “aquí”, e a alteridade remite a espazos descoñecidos, novos. O viaxeiro medieval ve e rexistra a diferenza, non a semellanza: o extraordinario, o sorprendente, dimensións dun espazo inimaxinable.367
Neste sistema do diferente, o home salvaxe vai representar o contrario do home medieval, acabando de compoñerse neste momento unha “etnografía do home salvaxe”: vive no bosque antes que na cidade, en tamaño pode ser xigante ou de tamaño anano coma
365 Pablo Castro Hernández, “Los Viajes Y Lo Maravilloso. Una Lectura a Los Relatos de Viajes Y La
Construcción Imaginaria de Las Criaturas Y Lugares de Oriente (Ss. XIII-XIV),” Revista Electrónica
Historias Del Orbis Terrarum, 2011, 125.
366 Amorim, “Viagem E Mirabilia: Monstros, Espantos E Prodígios,” 139. 367 Zumthor, La Medida Del Mundo, 249–54.
o pigmeo, peludo, dedícase á caza e recolección e come a carne crúa dos animais, non coñece a agricultura ou a metalurxia, ten gran forza física, amante da guerra, dado á sexualidade carnal, de escasa intelixencia, falto de fala humana, incapaz de coñecer a Deus porque é irracional, e ligado ao semidivino ou ó semisatánico.368
Para o home medieval, este ser encarnará cualidades prohibidas e impensables de ver no seu entorno, como a antropofaxia, a falta de fala ou a preeminencia do pracer carnal, que tanto era repudiado pola Igrexa como institución. A diferencia entre o home e o home salvaxe, un monstro, vén marcada polo comportamento e non tanto polo físico, aínda que tamén era diferente (peludo, máis pequeno, máis grande...). Podemos relacionar este home oposto cos “Antípodas” dos que falaban os gregos, que cumprían a mesma función na súa sociedade, e tamén co gran número de razas salvaxes (sobre todo nomeadas por Plinio) que se volven representar nos relatos medievais de viaxes. Este home salvaxe medieval semella ser, polo tanto, unha evolución destas razas monstruosas gregas, só que agora as descricións son máis extensas e a súa fama aumenta debido a que os libros de viaxe están sempre a falar deles, case todos conteñen algún tipo de home salvaxe nas súas páxinas. A partir deste momento, estes pobos salvaxes formarán parte do imaxinario medieval coma o seu oposto, non tanto coma o seu inferior, e recoñeceranse como tal cando se encontren en calquera outra parte do mundo.369
O hábitat por excelencia deste home salvaxe será a illa, pois destaca como o espazo ideal para albergar todo tipo de marabillas. O océano Índico e as illas que aquí se sitúan convértense no perfecto ambiente para a alteridade: as illas son abundantes e a maioría non están exploradas, só se accede a eles en barco e foron, desde a Antigüidade Grega, fogar de monstros, como se comproba na Odisea. No caso de Mandeville, utiliza a illa para introducir tódalas razas monstruosas que quere, pois así non ten que buscar un espazo real para colocalas, se non que crea un espazo para elas.
Sendo estes seres os perfectos contrarios ao home medieval, na outra cara da moeda sitúanse sociedades tecnolóxicamente a un nivel similar da medieval deste momento370, como eran a China, en mans do Imperio Mongol, ou o reino de Tamorlán.
As descricións que os viaxeiros fan destas xentes e principalmente dos seus gobernantes poderían ser as mesmas nun reino europeo. Para Marco Polo, Kublai Khan era o máis
368 Khanmohamadi, In Light of Another´s Word. European Ethnography in the Middle Ages, 22–23. 369 É significativo que Colón lle escriba aos Reis Católicos que non había homes monstruosos nas Américas,
só salvaxes. O home salvaxe convírtese nunha categoría por si mesmo. Ibid., 30.
poderoso señor que tiña existido, intelixente, valiente e incluso caritativo371 e para Clavijo
a cidade de Tamorlán estaba chea de riquezas, ben abastecida e celebrábanse grandes festas.372 Nestes reinos, as marabillas non son demasiado abundantes, e na maioría dos
casos baséanse en animais ou homes reais, que evocan monstros xa coñecidos. Por suposto, non hai homes salvaxes, bárbaros, pois estes reinos recordan a aqueles que xa coñecen, o que non evita que se poida reaccionar con admitación ou con extrañeza. Os viaxeiros exploran o diferente, aínda que nestes casos lles resulte un tanto familiar.